Nestor Outer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1865 Virton, Bélxica (pt) |
Morte | 30 de abril de 1930 (65 anos) Virton, Bélxica (pt) |
Educación | Academia Real de Belas-Artes de Bruxelas (pt) |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Nestor Outer, nado en Virton o 2 de abril de 1865 e finado na mesma localidade o 30 de abril de 1930, foi un pintor e escritor belga na variedade gaumesa do lorenés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de pequenos comerciantes, dende moi novo se apaixonou coa pintura e estudou na Academia de Belas Artes de Bruxelas, e despois baixo a dirección do orientalista Jean-François Portaels. Logo de rematar os estudos en 1890 volveu á súa vila natal como profesor de debuxo; especializouse na pintura en acuarela con máis de 300 obras realizadas, aínda que tamén pintou unhas trinta ao óleo [1]. Na súa pintura predoniman os temas e paisaxes rurais locais mais tamén lle gustaban os temas orientais e exóticos, con temas recollidos das súas viaxes por Oriente e os países mediterráneos. Foi un dos fundadores e colaborou na revista literaria e humorística Le Gaumais[2][3] que se publicou entre 1903 e 1904. Durante a primeira guerra mundial a súa obra converteuse en testemuña dos acontecementos bélicos[4].
Obra en lorenés
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]- Li Sint-Djan-Batisse (1 acto, 1904)
- Li siervante (2 actos, 1919)
- On woeyaedje di moirt (1 acto, 1925)
- Li tchesse å bos (1906) [5]
Obra en francés
[editar | editar a fonte]Crónicas de viaxes
[editar | editar a fonte]- Au pays de la soif (1901)
- Une croisière en Méditerranée, (1910)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bodson, Bernardette, Culot, Didier, Jacquemin, Georges, Nestor Outer, Fondation Kélyddon, 2001
- ↑ "Nestor Outer, from travels to memory lane". « Down Memory Lane » (en francés). 2015-07-22. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2022. Consultado o 2023-08-07.
- ↑ Centre de documentation du Musée gaumais[Ligazón morta permanente]
- ↑ "Nestor Outer, peintre de guerre". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2020. Consultado o 12 de decembro de 2019.
- ↑ Dictionnaire bio-bibliographique des Littérateurs d'expression wallonne p. 304-305